Lusco e Fusco
Prezo: 5,00 €
(IVE incluido)
Engadir á cesta

FANNY & ALEXANDER

Referencia: A Regueifa Plataforma

O dúo compostelán Fanny + Alexander ai o seu debut coa edición simultánea dun EP de catro cancións -de distribución gratuita pola rede baixo licenza Creative Commons a través de www.aregueifa.net- e a saída ao mercado dun CD que inclúe ademáis outros catro temas do seu pasado máis recente. Oito temas -sete cantados en galego e un en inglés-, englobados baixo o título de Lusco e Fusco, nos que, dende a liberdade que proporciona a postmodernidade máis militante e o desprezo absoluto polo mercado e as modas, mesturan elementos tan heteroxéneos coma melodías pop con ritmos tradicionais galegos, orquestracións barrocas coa electrónica máis arriscada ou rimas hiphopeiras con guitarras espaciais. Sempre explotando a infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías: sintetizadores, guitarras -midi, acústica e eléctrica-, instrumentos clásicos, vocoders, acordeóns, caixas de ritmos, cordas orquestrais, clicks n' cuts, pandeiros... e por suposto o uso e abuso do sampling máis intensivo. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas para, sen esquencer as propias raigames, xogar na mesma liga estética que formacións coma Hood, The Postal Service ou Electric President.


<< Voltar >>

 

 
A súa cesta da compra
Productos:
0
Importe: 0,00 €

 

 

 

  By Abertal ©