Tres(vinilo)
Prezo: 18,00 €
(IVE incluido)
Engadir á cesta

THE HOMENS

Referencia: Falcatruada

Inclúe vinilo 12'' + cd cos temas en mp3.

TRES é a última entrega dos The Homens, un grupo de power pop que, se ben podería ser catalogado como británico, está considerado a mellor formación do xénero en Galicia.O álbum
está presentado nunha edición especial que inclúe vinilo 12", o CD de audio e os temas en mp3... once temas nos que a
intensidade das guitarras e dos retrousos nunca decae. Letras que non buscan o lado amargo da vida, senón o máis ácedo e divertido, retrousos pegadizos e bailábes, e sen esquecer as súas raíces: power pop en estado puro, e cantado en galego. Melodías,
actitude e, sobre todo ganas de festa. Así é TRES, o disco co que Martiño Whu (guitarra e voz), Xocas (batería) e Roi (baixo e voz) voltan á primeira liña da actualidade musical. . TRES foi gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava de Santi García, guitarra e
voz de No More Lies, un lugar polo que xa pasaran os Tokio Sex Destruction, Charades ou Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá... Alí puideron engadir os arranxos do propio Santi García en forma de órgano hammond, trompetas, acordeón, e percusión.


<< Voltar >>

 

 
A súa cesta da compra
Productos:
0
Importe: 0,00 €

 

 

 

  By Abertal ©